Localización
Rubiá é a capital do concello ó que da nome. Está situado o noroeste de España, na comunidade autónoma de Galicia; Encadrado na provincia ourensá, pon límite a esta pola parte máis nororiental e establece a fronteira natural entre Galicia e León (gañando por isto o sobrenome de "porta de Galicia"). É un dos 9 concellos que forman a comarca de Valdeorras.
Como chegar
A N-120 comunica o término municipal de Rubiá con Monforte de Lemos e León, constituíndo así a principal vía de comunicación de Rubiá.
Parroquias de Rubiá
O Barrio de Cascalla (Nosa Sra. da Asunción)
A Veiga de Cascalla (Santa Cruz)
O Porto (San Cristovo)
Biobra (San Miguel)
O Robledo da Lastra
Pardollan (Santo Estevo)
Quereño (San Cristovo)
Covas (San Salvador)
Rubia (Santa Mariña)
Oulego
Contacto
Concello de Rubiá
Campo, 8
32310 - Rubiá
988 32 41 46
Fax: 988 34 20 70
Centro de saúde
Terra de Souto,14
32310 - Rubiá
988 32 41 89
Onde comer
Restaurante Xela, Estrada. Ponferrada, Km.32.
Onde aloxarse
Casa Barreiro, 2B Casa de Aldea - Residencia. Ctra. Villafranca, 19. Tfno: 981 936 118.
Economía
A economía familiar baséase no traballo asalariado, complementado con pequenas explotacións agrícolas e con algunhas cabezas de gando. Destacan 2 produtos: o viño e as castañas. Estas son exportadas tanto nacional como internacionalmente, sobre todo para a obtención de marrón glacé
Festas
A Ascensión o 31 de maio. San Bartolomeu o 24 de agosto. Romaría de Poulo do Couso, en Biobra no mes de xullo.
Qué ver
Terra de contrastes: Rubiá é concello de montañas e ríos, entre os que o máis importante, o Sil, ábrese paso entre fortes desniveis para crear espectaculares paisaxes que resultan o principal atractivo turístico do municipio. Rubiá alberga o espazo natural "Serra da Enciña da Lastra". Nas parroquias de Biobra e Covas hai unha vintena de grutas naturais, algunhas de grandes dimensións como a Pala Bonita, o complexo Zorra-Despiste, Trimonia, Pala do Pé de Pau e a Pala da Campá, con famoso eco. Hai polo demais, dous embalses aptos para os deportes acuáticos: o de Penarrubia e o de Pumares.
De gran valor estratéxico por estar situado entre León e Galicia, Rubiá albergou nos seus dominios varios mosteiros. Quedan escasos vestixios arqueolóxicos: Castro de Pardellán e Castro de Cabeza,... nembargantes, a romanización deixou nestas zonas varios testimonios como as vías romanas. En arquitectura relixiosa destacan varias igrexas que albergan tallas e retablos barrocos e manieristas como o retablo do Rosario, e a talla dos doce apóstolos do retablo maior barroco da parroquial de Rubiá; a talla da Virxe do Rosario; o Sagrario cá Verónica na porta -obras de Gregorio Español- e a pequena talla de San Antonio Abade, en Biobra. Resulta tamén interesante a capela Virxe do Camiño en Rubiá. A Casa Grande de Rubiá e a mellor mostra da arquitectura civil, ademais de Ponte de Regueiral.
|